20 may 2010

deportivo

deportivo on PhotoPeach

1 mar 2010

Introducción


Traballo word TIC

2

 

Indice

1- Introduccion                                              2

2- Oríxenes de Corcubión                                 3

3-Idade Media en Corcubión                            4

4- Idade Moderna en Corcubión                        5

5-Época contemporánea en Corcubión               6

6-Bibliografia                                               8


1-Introducción

Arco da Vella sobre Corcubión

O concello de Corcubión está situado no extremo oeste de Galiza, na máis alta das Rías Baixas e formando parte da denominada Costa da Morte.

Corcubión, a máis alta das Rías Baixas, posúe as características destas e anuncia as propias da costa máis ao norte. Así, esta terra de transición conxuga en perfecta harmonía o sosego e a calma das Rías Baixas coa bravura e a natureza viva características da Costa da Morte.

O Concello de Corcubión é un dos máis pequenos de Galiza, ten unha extensión de 7,6 Km2 e unha poboación duns 2000 habitantes. Está constituido por dúas parroquias, San Marcos de Corcubión (zona urbana) e San Pedro de Redonda (zona rural).

 

 

 

 

 

2-Oríxenes de Corcubión

As orixes de Corcubión son incertas, porén a procedencia prerromana do topónimo indica que este territorio estivo poboado desde moi antigo. Os restos de antas ou castros existentes no municipio son vestixios vivos deste pasado.O castro de Quenxe, situado na cume do monte do mesmo nome, é un dos exemplos da pegada da cultura castrexa na zona. Este asentamento non está excavado, pero poden apreciarse as súas liñas defensivas (murallas e foxo) desde os que se tiña un perfecto control estratéxico da ría.

Sobre a etimoloxía do topónimo Corcubión a interpretación máis acertada considera que as raíces deste nome estarían no celta ou no luso-galaico arcaico. As voces corcu ou corco que significarían círculo e –bión/-beón que significarían lago, darian lugar a un círculo ou fondo de lago ou a unha enseada curviforme.


https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgmcX43gFdbAjH8909loPGbeEeHu-MAzfw8D15lgtGPkJj4WsxzTLi17QAHyqFAabyCN2reSIirhGlNtnTKy8S8iR-YB40bJQ0atB5KqhXTpDayvg7k7xHX7GLRDmOnXu64bw3W9Gfn-38/s230/Curcubion_horreos.jpg

O porto do Corcubión ten importancia dende tempos antigos. Hai historiadores que localizan aquí o Arrotrebarum portus do que falan os clásicos.

Parece lóxico pensar que se os romanos estiveron en Fisterra (Finis Terrae) e tiveron unha importante poboación en Duio, non sería raro que na enseada de Corcubión, o lugar máis protexido da ría, existise un porto ou un hábitat romano. Desde logo, a súa poboación prerromana pertencía á tribu dos nerios, como toda a da comarca fisterrá, segundo ás descricións dos xeógrafos greco-romanos.

3-Idade Media en Corcubión


Igrexa de San Marcos
O núcleo primitivo de Corcubión tivo a súa orixe máis ó interior da súa ubicación actual, onde se situaba a igrexa parroquial de Santo André de Canle.

A partir do século XIII, cando os piratas deixan de chegar ás costas, a poboación comeza a instalarse na beiramar e constrúese a igrexa parroquial de San Marcos, que substitúe a anterior.

Esta sustitución de Santo André, patrón da parroquia primitiva, por San Marcos, patrón de Venecia, indica a importancia que os intercambios comerciais realizados a través do porto tiñan xa naquela época.Desta época tamén é a igrexa de San Pedro de Redonda.

A partir da Idade Media é cando comeza a coñecerse ben a historia de Corcubión, cando a vila pasa a depender dos Condes de Traba e Trastámara. O antigo pazo dos Condes de Traba é testemuño desta etapa.

Posteriormente pasa a depender da casa de Altamira. Como reflexo desta dependencia, temos en Corcubión o Pazo dos Altamira.

No “Compendio do Estado de Altamira” escrito no ano 1724 por Xosé Isla de la Torre, este relata que a vila tiña uns douscentos veciños que vivían da pesca da sardiña e docongro, e que o conde de Altamira tiña un pequeno pazo, 56 casas e outras propiedades. O conde era tamén o que nomeaba o xuíz e os catro rexedores que gobernaban a vila.

4-Idade Moderna en Corcubión

 


Brasón da Casa Teixeira (1789)
A partir do século XVIII instálanse industrias de salgadura con capital de familias nobres e burguesas catalás, actividade que se consolidou no século seguinte. Na ría de Corcubión está documentada a súa presenza dende o ano 1755.

Para defender a ría ante ataques do exterior constrúese no século XVIII o Castelo do Cardeal.

Esta [1]fortificación forma parella co Castelo do Príncipe, na Ameixenda (Cee), situado ao outro lado da ría, e permitía, mediante fogo cruzado a defensa da enseada de Corcubión. Unha lenda local fala dunha cadea que uniría baixo o mar ambas as fortificacións, esta ao ser tensada impediría o paso das naves inimigas.

A principios do século XIX o pobo de Corcubión loitou contra o ocupación francesa. En resposta a esa resistencia, os exércitos franceses incendiaron e saquearon a vila.

Na segunda metade do século XIX e principios do XX prodúcese en Corcubión un auxe económico que se reflicte na contrución de varios edificios modernistas. Así, podemos destacar a Casa Miñóns, o edificio do antigo Xulgado e as edificacións burguesas que se atopan no paseo de Corcubión.

 

5-Época Contemporánea en Corcubión

No século XX, Corcubión sofre a emigración como o resto de Galiza. Unha mostra desta intensa emigración, principalmente a Buenos Aires, é a constitución na capital arxentina, no ano 1923, da Sociedade Agraria e Cultural dos Fillos do Partido de Corcubión, que máis tarde pasou a chamarse Asociación Benéfico Cultural do Partido de Corcubión, chegando a ter máis de 3.000 socios. Mostra da súa actividade cultural foi a publicación da revista “Alborada” ou a construción de numerosas escolas no territorio do partido.

 

Nesta altura, no primeiro terzo do século XX, construiuse en Corcubión a capela do Pilar.

 

Durante a época da II República e a Guerra Civil, Corcubión, xunto coa veciña vila de Cee, foi un dos núcleos politicamente máis activos da zona debido ao movemento obreiro que se organizou en torno á fábrica de carburos, canalizado a través da CNT e a UGT. A actividade cultural en Corcubión foi moi importante nestes anos, nomeadamente a teatral. No Campo do Rollo, en 1932, ofreceu unha representación co seu grupo “La Barraca” o escritor Federico García Lorca.

Na actualidade Corcubión é cabeza de partido xudicial e concentra a maioría dos servizos administrativos do extremo occidental galego, segue vivindo da pesca e o marisqueo mais tamén da industria, a construción e sobre todo do sector servizos que ocupa o 70% da poboación activa. Na década dos sesenta a vila recibe varios galardóns que premian a súa pulcritude e beleza destacando o premio estatal concedido polo Ministerio de Obras Públicas en 1964. En 1984 a vila foi declarada “Conxunto Histórico-Artístico” e no ano 2000 “Municipio Turístico Galego” pola Xunta de Galiza. Nos últimos anos, un auxe do turismo atrae á vila señorial de Corcubión a visitantes de todo o mundo.

Todas estas declaracións indican o enorme patrimonio cultural que posúe Corcubión, que ademais do xa reseñado conta con gran cantidade de exemplos de arquitectura popular, como son as cabaceiras ou hórreos, os muíños, os pombais e os cruceiros.

Actualmente as rúas de Corcubión son testemuño fiel dun importante pasado materializado no seu rico patrimonio, onde o relixioso, o civil e o popular conviven en perfecta harmonía.

Porto Corcubión


6-Bibliografia

A información fui sacada de páxinas relacionadas con Corcubión pinchando nos seguintes hipervinculos iras as páxinas relacionadas:

http://www.corcubion.org/corcubion/historia/historia.html

http://www.corcubion.info/

http://images.google.es/images?hl=es&tab=wi&q=corcubi%C3%B3n

2


[1] Castelo ou palacio